O domingo 2 de xuño, as familias da AFA A Fracha, fomos ata Baiona a pasar un gran día todos xuntos.
Esta actividade foi financiada en parte pola Deputación de Pontevedra, que veu a desexarnos unha boa xornada antes de arrincar no autobús cara o noso destino.
Durante a xornada:
- Visitamos a Carabela Pinta, que nos ofrece moita información de como eran as viaxes trasatlánticas fai máis de 500 anos.
- Paseamos polo litoral da vila, contemplando diferentes zonas de paso de aves, moi importantes para a biodiversidade.
- Chegamos á praia Ladeira, onde xantamos de picnic nun entorno natural moi especial, puidendo refrescarnos na auga do mar, ou baixo a sombra das árbores do parque.
- Xa pola tarde, as mozas de 13 grados, contáronnos cousas moi interesantes sobre a historia da vila de Baiona, e o porqué é importante coidar o noso litoral.
😎 GRAZAS POR VIR E ACOMPAÑARNOS NESTA VIAXE!