Esta mañá entregamos a Conchi e Rosa uns agasallos con motivo da súa xubilación en nome de todas as nais e pais do centro e do alumnado.
Desexámoslles o mellor nesta nova etapa e que desfruten do seu merecido descanso.
Esta mañá entregamos a Conchi e Rosa uns agasallos con motivo da súa xubilación en nome de todas as nais e pais do centro e do alumnado.
Desexámoslles o mellor nesta nova etapa e que desfruten do seu merecido descanso.
Continuando coa actividade que as tres ANPAs do Concello de Ponte Caldelas, en colaboración ca Secretaría Xeral da Igualdade, estamos a por en marcha nos tres centros de ensino do concello durante este ano 2020, hoxe presentámosvos o
OBRADOIRO; “Creación de xoguetes non sexistas e non violentos con refugallo”
PINCHA FOTO PARA VER O VÍDEO
Os xoguetes son unhas das primeiras marcas sociais que preestablecen os estereotipos de xénero na infancia. Se nos
fixamos nos catálogos de xoguetes podemos observar como a división de xénero está fortemente arraigada, impoñendo unha
posición de coidados ás persoas socializadas como nenas e nunha posición de traballo físico e violencia ás persoas
socializadas como nenos.
Máis adiante, na preadolescencia, os xoguetes e os xogos teñen un pequeno cambio mais seguen na mesma liña binomial,
sexualizando ás rapazas e introducindo aos rapaces no mundo competitivo.
Por todo isto xurde o obradoiro de “Creación de xoguetes non sexistas e non violentos”. Este obradoiro pretende ser un espazo de convivencia activa en familia, onde adultas e crianzas compartan un tempo de imaxinación, creación, aprendizaxe e xogo, dende un enfoque crítico.
No seguinte vídeo mostramos os materiais precisos e os pasos a seguir parar a construción de 3
xoguetes escollidos por ser non sexistas, non violentos, e en dous dos casos cooperativos:
- O labirinto cooperativo: un xogo onde precisamos traballar en equipo (cada corda cóllea un
xogador) para conseguir levar a bola ao buraco de saída.
- O lapis cooperativo: como sería pintar entre varias persoas coa mesma pintura? Con este lápis
cada persoa colle unha corda para pintar xuntas. Tentade facelo sen falar e atentas aos
movementos das demáis.
- O peixe glotón: chamámoslle así a ese xogo que tódalas adultas coñecerán, onde temos que
encestar a boliña que vai enganchada por unha corda a unha botella, lembrades?.
Queremos propoñervos un reto: a creación en familia un xoguete non sexista, non violento e, a poder ser, cooperativo, que
coñezades ou que vos inventedes; e que enviedes un vídeo explicando como crealo e xogar co mesmo. Así medramos xuntas
no camiño pola igualdade dende a creatividade.
Esperamos que gocedes tanto coa súa creación como xogando cos mesmos!
Esta actividade está aberta a todas as familias aínda que non formen parte das ANPAS.
Esta acción forma parte do Proxecto de Igualdade: "20 Medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade" promovido polas 3 ANPAS dos centros
educativos de Ponte Caldelas (Valdarosa do IES Ponte Caldelas, A Fracha do CEIP A Reigosa e Versoxo do CEIP Cordo Boullosa. Ten sido
subvencionada pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Presidencia Relacionaes con Cortes e igualdad".
(PINCHA NA FOTO PARA VER O VÍDEO)
E NON ESQUEZAS DEIXARNOS A TÚA VALORACIÓN!!
Continuando coa actividade que as tres ANPAs do Concello de Ponte Caldelas, en colaboración ca Secretaría Xeral da Igualdade, estamos a por en marcha nos tres centros de ensino do concello durante este ano 2020 presentámosvos o obradoiro “MUDANDO O CONTO”
Animarse a participar, son moi enriquecedoras!
A transmisión oral é parte imprescindible de tódalas culturas, como xeito de perpetuarse e transmitir o seu coñecemento.
No ámbito familiar, narrar historias e contar contos, é un acto habitual que pode gañar importancia se somos conscientes de que mentres contamos, estamos compartindo un momento divertido e creativo e tamén estamos transmitindo valores morais e condutas sociais, de xeito ás veces moi sutil, pero que teñen influencia na construción da autoimaxe e subxectividade das persoas que escoitan.
No seguinte vídeo, Cincenta, a personaxe principal, di “basta” e decide deixar o conto ata que alguén actúe e axude a transformalo.
Está nas vosas mans mudar este conto, transformando a historia para facer un relato máis xusto para todas as personaxes.
Podedes enviar as vosas propostas en vídeo, gravadas dende o móbil ou con calquera outro medio, contando como transformades a historia para axudar ás personaxes de xeito narrado, con debuxos, interpretando os papeis, ou de calquera outro xeito que se vos ocorra.
Sexa como sexa, esperamos que gocedes do proceso, xogando en familia e con confianza na capacidade transformadora da creatividade infantil.
Esta actividade está aberta a todas as familias aínda que non formen parte das ANPAS.
Un saúdo e coidarse moito!!
Esta acción forma parte do Proxecto de Igualdade: "20 Medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade" promovido polas 3 ANPAS dos centros educativos de Ponte Caldelas (Valdarosa do IES Ponte Caldelas, A Fracha do CEIP A Reigosa e Versoxo do CEIP Cordo Boullosa
Ten sido subvencionada pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Presidencia Relacionaes con Cortes e igualdad".
Bo día familias,
Hoxe presentámosvos a última acción de 'A igualdade multiplica' e precisamos a vosa colaboración. Nesta ocasión os pedimos que gravedes en vídeo unha frase donde a familia se posiciona unida en contra da violencia de xénero e a favor da igualdade. Deixamos que a frase a pensedes vós e que no vídeo esté o maior número posible de persoas da familia. Recordade poñer o móvil en horizontal para facer a gravación. Non temos moito tempo porque o proxecto temos que rematalo a finais deste mes. Os agradecemos que enviedes os vídeos antes do luns 23 de novembro".
Este xoves, ás 21.30 horas, temos unha nova sesión sobre Igualdade. Será online e podedes consultar no Tokapp as claves de acceso. Non faltedes!!
Ola familias,
Continuamos coa campaña de igualdade de xénero “20 medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade” que as tres ANPAs do Concello de Ponte Caldelas, en colaboración ca Secretaría Xeral da Igualdade, estamos a por en marcha nos tres centros de ensino do concello durante este ano 2020.
Desta vez, seguindo ca acción “A igualdade multiplica” pedímosvos que vos fagades unha foto e nola enviedes, a continuación vos deixamos un documento explicativo e o documento de cesión de imaxe, que tedes que cubrir e asinar, para envialo xunto ca foto ao 695 026 913.
Tendes de prazo ata o 12 de novembro
Lembrade que a vosa participación é moi importante, non só polo éxito desta campaña, senón porque así será máis doado conseguir subvencións futuras que nos permitan seguir traballando.
Animádevos a participar!!!
As ANPAs dos Centro Educativos de Ponte Caldelas queremos recordavos que hoxe a noite temos a primeira das charlas da Escola de Nais e Pais.
Será ás 21.30 horas en directo, polo que teremos a oportunidades de plantexar, as nosas inquedanzas e dúbidas. As charlas están inscritas dentro do Proxecto de igualdade que pomos en marcha este ano de forma coxunta as tres ANPAs coa financiación da Conselleria de Igualdade.
Podedes acceder a mesma dende este enlace:
https://meet.jit.si/CoveredPathsSpeedAnxiously
ANPA A FRACHA. CEIP Plurilingüe A Reigosa
ANPA VERDUXO. CEIP Manuel Cordo Boullosa
ANPA VALDARROSA. IES Ponte Caldelas
El bullying se refiere directamente al acoso o maltrato escolar de un menor hacia otro menor normalmente en el ámbito escolar. Este se produce en todas sus formas, ya sea con ataques físicos, verbales, psicológicos, amenazas, rumores o exclusión de alguien del grupo de manera intencional, de forma reiterada y a lo largo del tiempo.
Para que a este tipo de actos acosadores se le considere acoso o bullying deben incluir tres premisas: el comportamiento debe ser agresivo, debe producirse un desequilibrio de poder y debe producirse más de una vez en el tiempo, es decir de manera repetida. El desequilibrio de poder se explica como aquel poder (sea la fuerza física, el acceso a información desagradable o la popularidad) que usan los menores para controlar o dañar a otros. Este puede modificarse con el transcurso del tiempo y con las diferentes situaciones.
El objetivo general de este programa formativo es informar a las Familias, a los estudiantes de los niveles de Educación Primaria sobre las situaciones de acoso escolar y cibercacoso, las actitudes y conductas que los promueven, sus consecuencias y los roles que cada persona puede adoptar.
Los objetivos específicos son:
Conocimiento del acoso escolar/ ciberbullying y las diferentes situaciones que lo
promueven.
Conocimiento de todas las personas que forman el Círculo del Acoso.
Conocer y reconocer las conductas violentas.
Distinción de la figura acosador- acosado y las consecuencias de ambas
conductas.
Reconocimiento de los espacios escolares donde se producen con mayor
frecuencia situaciones relacionadas con conductas violentas y conflictos entre escolares.
Cómo actuar ante los conflictos en el Colegio.
Promover la educación para la no violencia.
Favorecer la empatía
Promover una educación inclusive y promover la igualdad de oportunidades e
igualdad de trato.
Las sesiones serán de una hora de duración en la que se abordarán de manera teórica práctica las diferentes temáticas relacionadas con el acoso escolar y el acercamiento a la comunicación a través de las TIC.
Las dinámicas, al igual que en Ed Infantil se pueden llevar a cabo con los miembros de la familia o únicamente con el grupo de iguales. La formación se desarrollará en terminos de prevención y desde donde se introducirán temas relacionados con el acoso, ciberbullying y convivencia en entorno escolar.
Temos o pracer de presentarvos a campaña de igualdade de xénero '20 medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade' que as tres ANPAs do Concello de Ponte Caldelas, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, estamos a por en marcha nos tres centros de ensino do concello durante este ano 2020.
Hoxe presentámosvos a primeira das accións que leva por título:
“A igualdade multiplica”
É unha actividade que realizarán todas as aulas do IES e 5ª e 6º de primaria dos CEIPs durante os meses de outubro, novembro e decembro.
Con esta mensaxe animámosvos a participar xunto coas vosas fillas e os vosos fillos, para avanzar na educación en igualdade dende as familias e os centros de ensino.
Como estamos en tempos de Covid para maior seguridade toda a formación vai ser virtual, en pequenos vídeos moi animados que poderedes ver e escoitar en calquera momento.
Aquí tedes o enlace a nosa canle de Youtube onde xa podedes visualizar os videos de presentación:
https://www.youtube.com/channel/UCpsstnFUGfaxcK1cd57BOHg
Recomendámovos que pulsedes a tecla de SUSCRIBIR para recibir os avisos a medida que colguemos os pequenos vídeos.
Estas actividades están abertas a todas as familias aínda que non formen parte das ANPAS.
Animádevos a participar!!!
ANPA VALDARROSA - IES PONTE CALDELAS
ANPA VERDUXO - CEIP MANUEL CORDO BOULLOSA
ANPA A FRACHA - CEIP A REIGOSA
O domingo 2 de xuño, as familias da AFA A Fracha , fomos ata Baiona a pasar un gran día todos xuntos. Esta actividade foi financiada en par...