Continuando coa actividade que as tres ANPAs do Concello de Ponte Caldelas, en colaboración ca Secretaría Xeral da Igualdade, estamos a por en marcha nos tres centros de ensino do concello durante este ano 2020, hoxe presentámosvos o
OBRADOIRO; “Creación de xoguetes non sexistas e non violentos con refugallo”
PINCHA FOTO PARA VER O VÍDEO
E NON ESQUEZAS DEIXARNOS A TÚA VALORACIÓN !!!
Os xoguetes son unhas das primeiras marcas sociais que preestablecen os estereotipos de xénero na infancia. Se nos
fixamos nos catálogos de xoguetes podemos observar como a división de xénero está fortemente arraigada, impoñendo unha
posición de coidados ás persoas socializadas como nenas e nunha posición de traballo físico e violencia ás persoas
socializadas como nenos.
Máis adiante, na preadolescencia, os xoguetes e os xogos teñen un pequeno cambio mais seguen na mesma liña binomial,
sexualizando ás rapazas e introducindo aos rapaces no mundo competitivo.
Por todo isto xurde o obradoiro de “Creación de xoguetes non sexistas e non violentos”. Este obradoiro pretende ser un espazo de convivencia activa en familia, onde adultas e crianzas compartan un tempo de imaxinación, creación, aprendizaxe e xogo, dende un enfoque crítico.
No seguinte vídeo mostramos os materiais precisos e os pasos a seguir parar a construción de 3
xoguetes escollidos por ser non sexistas, non violentos, e en dous dos casos cooperativos:
- O labirinto cooperativo: un xogo onde precisamos traballar en equipo (cada corda cóllea un
xogador) para conseguir levar a bola ao buraco de saída.
- O lapis cooperativo: como sería pintar entre varias persoas coa mesma pintura? Con este lápis
cada persoa colle unha corda para pintar xuntas. Tentade facelo sen falar e atentas aos
movementos das demáis.
- O peixe glotón: chamámoslle así a ese xogo que tódalas adultas coñecerán, onde temos que
encestar a boliña que vai enganchada por unha corda a unha botella, lembrades?.
Queremos propoñervos un reto: a creación en familia un xoguete non sexista, non violento e, a poder ser, cooperativo, que
coñezades ou que vos inventedes; e que enviedes un vídeo explicando como crealo e xogar co mesmo. Así medramos xuntas
no camiño pola igualdade dende a creatividade.
Esperamos que gocedes tanto coa súa creación como xogando cos mesmos!
Esta actividade está aberta a todas as familias aínda que non formen parte das ANPAS.
Esta acción forma parte do Proxecto de Igualdade: "20 Medrar sen violencia, 20 medrar en igualdade" promovido polas 3 ANPAS dos centros
educativos de Ponte Caldelas (Valdarosa do IES Ponte Caldelas, A Fracha do CEIP A Reigosa e Versoxo do CEIP Cordo Boullosa. Ten sido
subvencionada pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Presidencia Relacionaes con Cortes e igualdad".