O pasado Venres 23 de Abril no cole da Reigosa celebramos unha nova e mellorada biblioteca. Agora temos un espazo máis atractivo para facer o que máis nos gusta; ler e escoitar contos¡¡¡
Así recibimos para celebralo por todo o alto o dúo de artistas Migallas xustiño o día do libro. Todo redondo:
Biblioteca nova, día do libro e os mellores contos.
Unha vez máis a colaboración da Anpa da Reigosa e o profesorado do centro fixeron posible ofrecer un día de cultura , arte e lecer para nosos/as fillos/as.