Xornada de convivencia
Parque arqueolóxico de Campolameiro
Unha xornada moi completa!
Este ano puidemos aprender algo máis dos nosos devanceiros e achegarnos a súa forma de vida no parque arqueolóxico de Campolameiro, con actividades adaptadas ás diferentes idades. Axudou moito as boas monitoras que tivemos que o fixeron xenial.
Despois xa apretaba a fame e fumos xantar á área recreativa de Lodeiro, onde ademáis de disfrutar do lugar algúns atrevéronse cun baño no río Lerez mentres outros coñecían un pouco do sendeiro do río Maneses. E para rematar fumos á carballeira de San Xusto onde nos agardaban unhas monitoras para facer unha xincana c@s pequen@s e xogos populares as familias.
Moi divertido, moi bo ambiente.... Moitas grazas a tod@s!!!!!