martes, 4 de xuño de 2024

XORNADA DE CONVIVENCIA 2024



 O domingo 2 de xuño, as familias da AFA A Fracha, fomos ata Baiona a pasar un gran día todos xuntos.

Esta actividade foi financiada en parte pola Deputación de Pontevedra, que veu a desexarnos unha boa xornada antes de arrincar no autobús cara o noso destino.


Durante a xornada:

  •  Visitamos a Carabela Pinta, que nos ofrece moita información de como eran as viaxes trasatlánticas fai máis de 500 anos.



  • Paseamos polo litoral da vila, contemplando diferentes zonas de paso de aves, moi importantes para a biodiversidade.



  •  Chegamos á praia Ladeira, onde xantamos de picnic nun entorno natural moi especial, puidendo refrescarnos na auga do mar, ou baixo a sombra das árbores do parque.



  • Xa pola tarde, as mozas de 13 grados, contáronnos cousas moi interesantes sobre a historia da vila de Baiona, e o porqué é importante coidar o noso litoral.


😎 GRAZAS POR VIR E ACOMPAÑARNOS NESTA VIAXE!




XORNADA DE CONVIVENCIA 2024

 O domingo 2 de xuño, as familias da AFA A Fracha , fomos ata Baiona a pasar un gran día todos xuntos. Esta actividade foi financiada en par...