Bo día familias
Ante a suspensión das clases e como nos quedan moitos días por diante de quedar na casa, queremos poñer o noso gran de area para que todas as nenas e nenos sigan en contacto e vexan o que están a facer os seus compañeiros.
Por iso, animámosvos a que nos compartades imaxes das cousiñas que ides facendo para entretelos, de cómo decorades as ventás, xogos de mesa, invencións… cun pequeno texto explicando o que facedes e o nome dos nenos e curso.
Porque ademais de crear un ambiente de unión, tamén compartimos ideas para facer todas as familias. Podedes envialas ao correo anpa.afracha@nontedurmas.org ou por Whatsapp.
A ANPA compartiraas no blog http://anpaafracha.blogspot.com para que todos sigamos unidos.
Queda á vosa discreción que os nenos aparezan ou non na foto. As fotos compartiranse tal e como se envíen.
Moitas grazas!!
#EuQuedoNaCasa
Ningún comentario:
Publicar un comentario