Esta semana estivo cargada de actividades sobre igualdade.
O martes contamos con Alba de Vales, que nos contou "Contos arredor do lume". Esta actividade estivo destinada a todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.
E o xoves pola tarde, tanto alumnado como familias pasámolo en grande cos "Contos de nenas grandes e pequenas" que nos trouxo Brais das Hortas.
Esperamos que desfrutásedes moito !!
Ningún comentario:
Publicar un comentario